O Goberno de Boiro propón ao pleno un convenio para que a AGASP desenvolva os procesos selectivos da Policía Local

26 Setembro 2023

O Goberno local de Boiro propón para o seu debate e aprobación no pleno da Corporación un convenio coa Academia Galega de Seguridade Pública para o desenvolvemento de todos os procesos selectivos das prazas de Policía Local e auxiliares do Concello de Boiro.

“Coa sinatura deste convenio preténdese axilizar os procesos selectivos para a cobertura tanto de prazas vacantes no corpo da Policía como dos auxiliares”, recoñeceu o alcalde, José Ramón Romero. O obxectivo deste convenio é que a administración autonómica asuma a convocatoria de prazas vacantes, formación e período de prácticas das distintas categorías do corpo da Policía Local.

“Neste momento dispóñense de prazas vacantes na Policía Local debido a xubilacións e o noso obxectivo é poder cubrilas na maior brevidade posible para así poder prestar un mellor servizo en materia de seguridade á veciñanza”, afirmou o alcalde. A celebración dos procesos selectivos por parte da AGASP facilita “que as prazas se cubran e que os procesos sexan o máis garantistas posíbel”, dixo.

Outros artigos

O Maio Vintage Market de Boiro adíase até o 11 de maio

O Concello de Boiro vén de confirmar que por mor das previsións meteorolóxicas adversas, o Maio Vintage Market previsto para este sábado queda aprazado ata o vindeiro sábado 11 de maio. A cita estaba prevista para este día 4, durante toda a xornada, na céntrica rúa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...