“Perdedores, ignorantes.. u-los gañadores?” – Antón Luaces

28 Setembro 2023

Nunhas horas que, supostamente, non van ser longas para ninguén no Parlamento nacional, coñeceremos o resultado dunha primeira sesión de investidura de Alberto Núñez Feijóo que, agás sorpresa imprevisible, levará ao ex-presidente da Xunta de Galicia a reformularse o compromiso que establecera co seu electorado de abandonar a presidencia do PP se non gañaba.

Supoño que botará man do recurso máis doado: gañou as eleccións a presidente, aínda que non a presidencia do Goberno á que aspira todo candidato. Polo tanto, seguirá en Madrid. 

En febreiro Feijóo dixo estar convencido de que a vitoria do PP nas eleccións era posible, e así foi nas municipais e autonómicas e, posteriormente, nas xerais. Nas primeiras, mediante pactos con VOX, acadou un extraordinario poder ao converterse o PP na primeira forza política no eido municipal español. Este feito permite outras rendibilidades: a maioría das deputacións provinciais e a presidencia da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Tamén ten no seu haber Feijóo a representación maioritaria das comunidades e cidades autónomas do Estado, asimesmo co apoio de VOX. Pero este mércores, Núñez Feijóo coñeceu o fel amarguento da derrota: a súa candidatura á presidencia do Goberno foi rexeitada pola maioría dos membros do Congreso dos Deputados: 172 votos a favor e 178 en contra.

Pasoulle o mel polos beizos pero el ben coñecía de antemán o resultado negativo, porque este estaba “cantado” desde un principio. Máis cumpría dar á oposición a posibilidade de modular doutro xeito a melodía previsora.

E Núñez Feijoo elixiu o peor camiño na partitura: mobilizar aos partidos -especialmente ao PSOE- na percura de tránsfugas e ignorando un vixente pacto antitransfuguismo que, disque, vai ser derrogado. Non houbo “tamallazo” este mércores e, supostamente, tampouco o vai haber o venres, na segunda votación, na que Feijóo non precisará de maiorías absolutas, senon que lle bastará unha maioría simple (máis síes que nons) para ser elixido.

Arestora, os votos cos que podería contar o candidato galego son, a máis dos do PP (137), os de VOX (33) e os de Coalición Canaria (1) e UPN (1), o que non acada a maioría simple necesaria para resultar elixido na segunda votación. (Houbo un sobresalto nas ringleiras socialista cando, por un erro, o voto do deputado por Teruel do PSOE Herminio Rufino Sancho Íñiguez, foi computado na sesión deste mércores inicialmente como un “si” favorable a Feijóo, erro que de inmediato se subsanou quedando reflectido en actas o “non” consecuente á rectificación, pero que levou a inquedanza ás bancadas socialistas). 

O máis probable é que o Rei de España convide a Pedro Sánchez, presidente en funcións do Goberno, a que presente a súa candidatura a renovar o cargo. Teoricamente ten os votos dabondo: a maioría parlamentaria que require a Constitución.

Outros artigos

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.