O prazo de inscrición de “Nos tamén creamos!” (Política Lingüística) estará aberto até o 29 de setembro

21 Setembro 2023

Co inicio de curso vai quecendo motores o programa Nós tamén creamos!, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxectivo de “incrementar o uso do galego entre as xeracións máis novas” e “fomentar a presenza do galego nos centros de educación Infantil e Primaria a través da creatividade e da incorporación das TIC nas aulas, máis en concreto, mediante a creación de curtametraxes en galego cos técnica de stop motion”.

O premio inclúe unha dotación de libros infantís en galego para cada centro seleccionado, así como formación e asesoramento ao profesorado para que poida realizar cos estudantes curtametraxes de animación coa técnica de stop motion baseadas nos libros proporcionados.

No curso 2013-2014, o programa foi incluído no Plan Proxecta e ampliou a formación docente, que pasou a ser anual, con parte presencial e parte en rede, para os centros admitidos.

Desde o ano lectivo 2011-2012, a SXPL convoca anualmente o concurso Nós tamén creamos!, asociado ao programa, para centros de titularidade pública. Establece tres categorías: Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria e 3º e 4º de Primaria.

Nós tamén creamos! desenvólvese en colaboración coa Compañía de RTVG e OQO Editora. As curtas premiadas publícanse no web da SXPL e no da CRTVG.

Grazas á colaboración coa CRTVG, estas curtas de animación poden verse na aplicación Xabarín desta entidade e na sección infantil da súa canle, o que, segundo informa a Secretaría Xeral, fai que medre “o efecto positivo na promoción da lingua galega, que non se restrinxe ao ámbito de cada centro senón que chega a un público moito máis amplo, mesmo de fóra da Comunidade Autónoma”. Por outra parte, o centro gañador na modalidade de 3º e 4º cursos de primaria ten a posibilidade de participar no Festival de Cans.

No curso 2022-2023 acordouse conceder no sucesivo un accésit, de ser o caso, para cada categoría e, no 2023-204, ampliarase o número de categorías cunha cuarta, para 5º e 6 de primaria.

O prazo de inscrición no programa remata o 29 de setembro e pódese facer a través do Portal de Educación.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...