O novo regulamento de control e a eólica mariña foron as grandes protagonistas da II Xornada de Pesca de Ribeira

22 Setembro 2023

A eólica Mariña e o novo regulamento de control na pesca foron días das grandes protagonistas desta mañá nas II XORNADAS DE PESCA de Ribeira que esta mañá se celebraron na Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira e que estiveron organizadas pola Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Eugenia OPP 83. Unha cita que contou con gran éxito de afluencia.
As Xornadas foron inauguradas pola xerente da OPP83 María José Casáis, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e pola Directora da Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira, Gloria María Santalla Quintana.
A primeira intervención foi protagonizada polo Capitán Marítimo de Vilagarcía, Juan Andrés Pérez, quen deixou patente e explicou en que versa as novas normativas de despacho de buques que entrarán en vigor en xullo do 2024 co fin de facilitar estes trámites ao sector e á administración.
Pola súa banda, Francisco Javier Larruga, catedrático de Dereito Administrativo da Facultade de Dereito na Universidade de A Coruña centrou a súa intervención na eólica mariña. Sanz Larruga mandou unha mensaxe de tranquilidade aos asistentes xa que dixo que antes de levar a cabo ningunha intervención ten que estar aprobado o Real Decreto de Subastas. O profesor ten claro que a eólica mariña é necesario pero non a calquera prezo. E enumerou o proceso polo que deben de pasar á hora de executar estas medidas que son: contar cos grupos de interese dende o primeiro momento, mellorar a información dispoñible técnica e científica, identificar usos e actividades que se realicen no espazo marítimo, establecer regras xurídicas claves de uso para os espazos e zonificar o mar para as diversas actividades que se realizan no espazo mariño.

Sonia Ruíz Gómez, Directora de Programas y Planes de Inspección contra la Pesca Ilegal de la Dirección General Ordenación Pesquera y Acuicultura de la Secretaría General de Pesca del MAPA analizou no novo regulamento de control. A directora dixo que o novo regulamente levanta críticas pero que é necesario e, a súa vez, mandou unha mensaxe de colaboración xa que dixo que en Bruxelas se necesita o sector e que necesitan da súa voz para poder chegar aos mellores regulamentos e medidas na actualidade.
Pedro Rivero Domínguez, actual subdirector xeral de Pesca da Xunta de Galicia, analizou na súa intervención, sobre o Plan de Acción da Comisión Europea para o sector pesqueiro. Rivero dixo que este plan amosa numerosas dificultades, entre elas, a figura da comunicación, perde a oportunidade de facer unha política pesqueira común, non di como se van a protexer os mares no 2030 pese a ser unha prioridade. Por todas estas razóns, Rivero solicita “ abordar unha reforma política pesqueira común co análise previo, é necesario unificar apoios e criterios para defender os nosos intereses co fin de ir gañando pasos para facernos escoitar”.
Unhas xornadas que foron clausuradas polo Conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez, que na súa intervención, crítico coas medidas que para a pesca veñen dende Bruxelas, deixou claro que a pesca é un dos motores da nosa comunidade “en Galicia queremos pescar máis e mellor por iso consideramos necesario máis diálogo, máis estudos co sector e máis fondos para eles, a Unión Europea non debe de centrarse en limitacións e prohibicións”. Villares engadiu na súa intervención que “queremos ter una Galicia máis verde e azul no presente e máis sostible no futuro. Galicia é mar, Galicia sabe a mar e queremos seguir sabendo a mar no futuro”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...