O Museo da Carpintería de Ribeira de Outes (Estaleiro de Ciprián) estrea horario de outono-inverno

22 Setembro 2023

Dende o pasado 18 de setembro o Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira, Estaleiro de Ciprián (Outes), terá novo horario para a tempada de outono-inverno. O Museo, que tamén é Oficina de Turismo, abrirá os sábados e os domingos en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas. Tamén abrirará as súas portas pola semana, pero con cita previa concertada (para asociacións, colexios, grupos, etc) a través do teléfono 625 331 095.

O Museo da Carpintaría de Ribeira é un proxecto que reivindica, recupera, preserva e mostra a tradición mariñeira, marítima e navegante galega, e máis concretamente a do concello de Outes. Situado en Broña, foi inaugurado oficialmente o 4 de febreiro deste mesmo ano.

O proxecto veu da man do Concello e ten un claro compoñente de reivindicación do pasado local, un pasado (todo o relativo á carpintaría de ribeira) que como tal desapareceu pero que pode ter, grazas a iniciativas coma esta, un novo e interesante futuro.

O proxecto de recuperación do estaleiro é finalista este ano da Bienal de Arquitectura.

É obra de Fuertes Penedo Arquitectos, estudio con centros de traballo na Coruña e Vigo.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.