As recuperacións do bordo litoral de Porto do Son e do Estaleiro de Ciprián (Outes) son finalistas da Bienal de Arquitectura

13 Xuño 2023

O Barbanza segue na vangarda da arquitectura e o urbanismo e continúa atraendo aos principais profesionais destes dous ámbitos profesionais e creativos. Estes días a nosa comarca volve estar nos medios de comunicación especializados grazas aos recoñecementos obtidos polo acondicionamento do bordo portuario de Porto do Son e do Estaleiro de Ciprián (Outes), finalistas na XVI edición da Bienal de Arquitectura, certame impulsado polo Goberno (Ministerio de Fomento) co obxectivo de recoñecer e distinguir as mellores achegas do ámbito nacional. As contribucións do Barbanza mediranse co máis destacado da recente colleita arquitectónica española.

Polo que se refire ao proxecto sonense, foi impulsado por Portos e o Concello (co obxectivo de humanizar e contorna e devolvela ao cidadán ao tempo que se buscaba facilitar o traballo do sector pesqueiro e reforzar o diálogo e a relación da vila co mar) e é obra de CreuseCarrasco Arquitectos, un estudo da Coruña, e RVR Arquitectos, de Santiago.

Segundo destaca o xurado da Bienal, “o proxecto veu motivado por diferentes conflitos de uso como a difícil convivencia entre tráficos portuarios e cidadáns, o estacionamento masivo ou a crecente actividade comercial e de estancia neste lugar emblemático de 25.843 m2”.

Saliéntase tamén que a través desta transformación da contorna litoral sonense tentáronse integrar diferentes expectativas da fronte urbana e portuaria e ordenar o acceso e separar a vía principal da fachada, “o que fixo posíbel un gran espazo público, verde e pavimentado, que recupera a relación entre o centro histórico e o porto”. Tamén se pon en valor a harmonía acadada entre “antigos e novos lugares”, a recuperación do Cruceiro como “espazo de entrada e suxerido como miradoiro arborizado” e o “o uso axeitado de material, como formigón desbastado, pedra e terra, que estenden as rúas do interior do núcleo sonense ata o mar”, elementos que se complementan con chanzos, bancadas, balcóns e, preto do mercado, unha estrutura de postes e vigas de madeira que devolve a memoria dos secadoiros de redes”.

Polo que atinxe á rehabilitación do Estaleiro do Ciprián, é obra de Fortes Penedo Arquitectos, estudio con centros de traballo na Coruña e Vigo. A entidade responsábel da intervención (inaugurada en febreiro) foi o Concello de Outes, que quixo pór en valor o espazo (para transformalo nun museo dedicado á carpintería de ribeira) e reivindicar a longa e rica tradición construtora de barcos da contorna litoral outense e da súa contorna.

O xurado da Bienal destaca deste xeito o relevante obxectivo de recuperación histórica que acompaña ao proxecto e lle serve de alicerce: “Galicia contou con máis de cen estaleiros tradicionais ao longo da costa, pero na actualidade unicamente quedan dez en pé.

O encargo para a rehabilitación do estaleiro tradicional de Ciprián nace a finais do ano 2018, atopándose o inmóbel nun avanzado estado de ruína. Con este proxecto púxose en valor unha edificación senlleira do patrimonio marítimo do bordo litoral de Outes, erguida a finais do século XIX e construída en madeira, granito e tella aproveitando os recursos locais así como técnicas construtivas propias da carpintería de ribeira”.

E continúa: “Incorporando un novo uso cultural e interpretativo, a proposta pretende recuperar a configuración orixinal da edificación, eliminando alteracións e engadidos que desvirtúan o conxunto, respectando en todo momento a memoria da actividade que alí se desenvolveu. O obxectivo final de todo o proceso é recuperar o testemuño dunha actividade tradicional propia do noso territorio e transmitir ás novas xeracións o que supuxo carpintería de ribeira nas costas galegas”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.