Outes celebrará o Día das Letras con poesía, deporte, música tradicional e activismo ambiental no río Tins

14 Maio 2024

Este ano Outes inclúe entre a súa programación do Día das Letras Galegas un variado e completo menú de deportes, poesía, música tradicional galega e activismo ambiental.

Salto de auga no río Tins, na Serra de Outes

En primeiro lugar convocouse unha acción que combinará a recollida de lixo nas ribeiras do Tins cunha homenaxe literaria ao río que vertebra o concello. A actividade, que se enmarca no proxecto ReNatur_Outes, levarase a cabo de 10:00 a 13:00 na mañá do 17 de maio, e está aberta a todos os públicos e idades. Recollerase lixo no treito final do río ata a súa desembocadura no esteiro do Tambre, espazo da Rede Natura 2000. Para participar teremos que enviar un correo a info@montescola.org até este xoves 16 de maio. Ao finalizar a recollida de residuos ofrecerase un pequeno petisco ao voluntariado participante no exterior da Casa da Cultura da Serra, intre no que se realizará un percorrido literario pola pegada dos ríos na literatura galega, comezando polo poeta Francisco Añón, como homenaxe ao Tins.

A maiores do devandito, a Concellería de Deportes do Concello organiza a XV edición da Carreira Pedestre de Outes que se celebra este venres 17 de maio, no marco do programa conmemorativo do Día das Letras Galegas. As inscricións están abertas até as 13.00 horas deste martes 14 de maio, a través da web cronotec.es. Para as categorías participantes na carreira de 10 quilómetros e na carreira absoluta de 3 quilómetros a inscrición terá un custo de 3 euros; no resto de categorías será gratuíta.

Dentro da axenda das Letras, a Área de Cultura que dirixe Anxo Núñez impulsou novamente o Certame de Poesía Francisco Añón, histórico e prestixioso concurso literario que este ano chega á súa XXVIII edición incluíndo media ducia de categorías (por idades). Repartiranse 2.760 euros en premios económicos ademais do premio que o Concello considera máis relevante: a publicación das obras gañadoras.

Para rematar, celebrarase o domingo 19 na Casa da Cultura de Outes o I Encontro de Zanfonas (Roda e Ludra). Será ás 20.30 horas e contará coa presenza da Asociación Cultural A Fuliada (Betanzos), a Aula de Música Tradicional do Campus de Pontevedra, a Escola de Instrumentos Populares Galegos Suso Vaamonde (Caldas de Reis), a Escola de Música Gaia (Pontevedra), a agrupación Tequexetéldere (A Estrada), a Escola de Música do Concello de Outes e a agrupación folclórica Hai Que Roelo (Cuntis).

Outros artigos

Este domingo 12 celébrase a XII Carreira pola Diversidade de Ambar

Este domingo 12 de xullo, terá lugar a celebración da Carreira pola Diversidade dende as 10h na explanada de Coroso (Ribeira), tras o aprazamento da data inicial no mes de maio. A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha "experiencia transformadora". Ambar...

+

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.