O concerto de verán da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra deste venres 1 de setembro trasládase ao Elma

01 Setembro 2023


Por causa da meteoroloxía deste 1 de setembro, o concerto de verán da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra previsto no Cantón da Leña cambia de localización.

Deste xeito, a sesión trasládase ao Teatro Cine Elma, ás 21.00 horas.

Trátase da segunda actuación efectuada pola referida banda ao abeiro do ciclo musical para a época estival. Este rematará no día 3, ás 13.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán.

Segundo apuntou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, trátase dunha actividade que contribúe a dinamizar a vida cultural do municipio no final do estío ao tempo que serve dunha maneira atractiva para lle amosar ao público o traballo e talento dos/as músicos/as.

Para asistir non se require a inscrición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.