O Concello da Pobra e a Subdelegación da Pobra redobran esforzos para garantir a seguridade no Nazareno

08 Setembro 2023

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, copresidiron neste venres 8 de setembro unha xunta local de seguridade con motivo das festas do Nazareno.

O rexedor detallou o amplo dispositivo artellado, principalmente, cara á procesión votiva das mortallas, co obxectivo de que “transcorra sen incidentes”. Para ese labor, contarase con recursos humanos e materiais, sinalou.

Nun plan máis específico, disporase do Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) no interior da praza Alcalde Segundo Durán, onde as persoas responsábeis de distintos corpos coordinarán todo o operativo. Outra das accións é a distribución de videocámaras por todo o itinerario que remitirán as gravacións ao mencionado camión para o control da comitiva.

Refórzase, ademais, a Policía local da Pobra coa de Rianxo e a de Porto do Son, polo cal haberá 19 efectivos. A maiores, estará presente a Garda Civil e unha vintena de persoas voluntarias da Protección Civil procedentes da Pobra, Catoira, Rianxo, Boiro e Ribeira.

Cara á prevención de emerxencias sanitarias, haberá un posto de servizo de urxencias que se compón de catro ambulancias e catro postos médicos avanzados.

En canto ao estacionamento, habilitaranse diferentes zonas do núcleo urbano das cales darase conta nos vindeiros días.

No que respecta a medidas en materia de igualdade, disporase dun Espazo Violeta para contribuír a uns festexos libres de agresións machistas e haberá repartimento de material divulgativo.

Durante a súa visita ao municipio, a subdelegada apuntou algúns dos investimentos do Goberno central no municipio, durante os últimos anos, por un importe próximo aos 6 millóns de euros, con actuacións destacables como o proxecto de recuperación da Ribeiriña, a mellora da eficiencia enerxética, accións ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero ou a rehabilitación de edificios de titularidade autonómica; concretamente, o instituto.

Na referida xuntanza tamén estiveron presentes a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos; responsábeis da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local; a Protección Civil; a AXEGA; e traballadores/as municipais.

Outros artigos

A Pobra activa un obradoiro de conciliación para o día 20 de maio

Na senda de seguir a favorecer a compatibilización da vida persoal e laboral das familias, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal lanza un obradoiro de conciliación para o 20 de maio. Como xa é habitual, este transcorrerá no CEP Salustiano Rey Eiras, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

James Botkin, coautor de “Aprender, horizonte sin límites” (Informe al Club de Roma,1979) contrapone el "aprendizaje de mantenimiento" que enseña a los escolares aenfrentarse a situaciones conocidas, al "aprendizaje innovador", que transmiteconocimientos y...