
O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou hoxe, 20 de novembro, unha sesión extraordinaria do pleno municipal na que se abordaron diferentes asuntos relacionados coa xestión económica, administrativa e organizativa do municipio. A sesión desenvolveuse con normalidade e os puntos sometidos a votación foron aprobados.
Ao inicio do pleno, a Corporación Municipal gardou un minuto de silencio en memoria de Xaquín María del Valle-Inclán Alsina, escritor, profesor e investigador, neto de Ramón María del Valle-Inclán, falecido recentemente aos 73 anos.
Con este xesto, o Concello quixo renderlle unha homenaxe e expresar o seu pesar pola perda dunha figura vinculada á conservación, ao estudo e á difusión do legado literario e familiar de Valle-Inclán.
Durante a sesión tratáronse, entre outras cuestións, a Conta Xeral correspondente ao exercicio de 2025, diversas modificacións de crédito do orzamento municipal de 2026 e asuntos relacionados coa Relación de Postos de Traballo.
A cidadanía pode consultar a orde do día completa e coñecer os asuntos tratados a través da páxina web municipal.
Desde o Concello reitéranse as condolencias á familia e ás persoas achegadas de Xaquín María del Valle-Inclán Alsina, así como o recoñecemento ao seu labor de investigación e divulgación cultural.



