“Morreu a raíña das mañáns na “tele” española”. Antón Luaces

06 Setembro 2023

En Galicia tiña un público que, ao igual que no resto de España, era seguidor fiel da que, sen dúbida, tivo tomada, e moito, a medida dese que foi o “seu” público. E este martes, de mencida, morría aos 82 anos nunha clínica de  Madrid, María Teresa Campos, comunicadora malagueña coa que compartín horas de traballo en Radiocadena Española (RCE) sendo ela xefa de informativos no ámbito nacional e eu no eido territorial galego.

Amáis deste labor específico, compartín con María Teresa Campos programas de entretemento que ela dirixía e presentaba pola tarde -un deles”Apueste por una”-  no que eu interviña desde o centro territorial de RCE na Coruña.

Pero a nosa amizade naceu en Madrid, onde ambos os dous optabamos a prazas en RCE, nunhas oposicións que se celebraron na antiga sede  do Diario Pueblo, a un tiro de pedra do Museo do Prado, na rúa Huertas.  Clara Isabel Francia foi outra das candidatas a praza e, curiosamente, chegou a ser a directora da cadea de emisoras xa citada.

María Teresa Campos foi unha excelente profesional tanto no eido radiofónico como de televisión e unha traballadora incansable, exemplo de entrega ao seu labor profesional que, do mesmo xeito que non se reprimía á hora de chamar a atención por algo non ben feito, tampouco gardaba a felicitación para aqueles que desenvolvían axeitadamente o seu labor.    

Foi unha das máis estimadas presentadoras de programas en televisión, pero non se pode esquecer o seu labor na radio estatal, após o realizado na radio privada, na súa Málaga natal.

Non sendo das persoas que máis coñecementos tiña da realidade galega, pode dicirse que sí sentía por esta terra unha especial atracción, especialmente as Rías Baixas.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.