Un veciño de Ribeira que estaba acusado de posesión e distribución de pornografía infantil aceptou dous anos de cárcere nunha vista de conformidade celebrado nos xulgados de Santiago este mércores. O ribeirense non entrará en prisión pero si terá que someterse a un tratamento psicolóxico.
A Fiscalía solicitara inicialmente unha pena de oito anos e medio pero, tras un acordo coa defensa, acordaron retirar do relato dos feitos un parágrafo onde incidía na maior gravidade do contido pornográfico.
Como resultado, os maxistrados da Audiencia suspenderon a privación de liberdade coa condición de que non cometa delitos en cinco anos e sométase a tratamento psicolóxico, do que terá que informa a un tribunal cada seis meses. Tamén se lle inhabilitará para traballos e actividades con menores durante cinco anos.
No transcurso da investigación descubriuse que o acusado distribuiría uns 261 arquivos con contido pornográfico infantil, con nomes que se referían expresamente a ese contido.
En febreiro 2020 realizouse a entrada e rexistro na vivenda do acusado. Durante esta as autoridades puideron comprobar que “o acusado posuía e visualizaba unha gran cantidade de arquivos (fotos e vídeos) de menores de 16 anos participando en condutas sexuais explícitas, algúns de moi curta idade”. Compartira estes con outros usuarios da rede.



