
Este ano a Diocese de Santiago elixiu a “Parroquia de Santa Uxía de Ribeira”, no Arciprestazgo de Postmarcos, para dar comezo ao novo curso de catequese 2023-2024.
Así este domingo 1 de outubro, celebrouse en Santa Uxía o primeiro día da catequese do novo curso, desde onde o Arcebispo, Monseñor Francisco José Prieto, animará os fieis para participar no mesmo a todas as parroquias da Diócese de Santiago e de toda Galicia. Eucaristía será transmitida pola Televisión de Galicia.
A transmisión da Eucaristía deste primeiro de outubro dará comenzo ás 9.45 coa entrada na igrexa dos rapaces e dos seus pais. As 10 celebrarase a misa e sobre as 10.45, xa rematado oa cto relixioso reuniranse os tutores cos responsables da formación catequética con quen trataran temas como a inscripción, actividades e obradoiros, xornadas, etc.
Rematada a xuntanza celebrarase unha chocolatada con churros para os participantes e presentes.
Esta é a segunda vez en pouco mais de tres semanas que o arcebispo de Santiago participa na parroquial de Ribeira en actos relixiosos, o anterior como xa informamos en “obarbanza.gal” foi o pasado 12 de setembro coa celebración da Patrona de Santa Uxía.
Emisión por Internet: Misa Santa Uxía




