As empresas Bandín Audio S.L. e Ramón y Óscar Tubío S.L. uniron forzas co Concello de Rianxo para arroupar á deportista Sabela Fernández, padexeira do Club Piragüismo Rianxo-Rianxo.
Dita colaboración materializarase na adquisición dunha piragua coa que Sabela seguirá levando o nome de Rianxo polo mundo.
O Concello lembra que Sabela vén de ser recoñecida como deportista rendemento deportivo de base e este ano acadou éxitos como o primeiro posto no Campionato Galego de Caiac de Mar ou a segunda posición no Campionato Galego Xunta de Galicia.




