“A neutralidade climática e a enerxía azul, obxectivos da CE para 2050”. Antón Luaces

21 Setembro 2023

A Comisión Europea non vai renunciar á neutralidade climática no anol 2050. Tampouco a que a enerxía azul sexa o medio para acadalo . 

É a súa explicación máis sinxela aos altísimos investimentos para tentar facer visible o beneficio da eólica mariña, sen ter en comta os prexuizos que estes xeran no sector marítimo-pesqueiro. Calcúlase que, para acadar a produción dun máximo de 450 xigavatios de capacidade eólica mariña serían necesarios investímentos nunca inferiores aos 800.000 millóns de euros. Mais nada se especifica sobre os custos de postos de traballo a perder polo incremento das renovables mariñas ás que, por certo, o sector pesqueiro non se opón, senon  que esixe unha modulación nos seus plans de ubicación para, deste xeito, sentar criterios de ubicación dos aeroxeradores e os conductos de transporte de enerxía producida no mar para a súa distribución en terra, que se sabe distorsionan os parámetros de vida e costumes de moitgas especies de peixes comerciais e que, á súa vez, condicionan a vida de aves e mamíferos mariños, tartarugas, marisco, etc.

Pola outra banda, os catedráticos de Dereito Administrativo a UDC, Marta García e Xavier Sanz, especialistas da ordenación de litoral, coidan que a ordenación do espazo marítimo e o Real Decreto 150/2023 que o aproba, é manifestamente ilegal e vulnera a Directiva de Ordenación do Espazo Marítimo que obriga aos Estados a dispor da mellor información científica e escoitar a todos os sectores parlamentares, entre eles aos pescadores.

Denuncian que a ordenación do espazo mariño realizada pola ministra en funcións Teresa Ribera, ten un sesgo nidiamente contrario ao sector pesqueiro e moi favorable para a imprantación da eólica mariña a costa do que sexa.

Xa se dixo que existen argumentos para pór en discusión o mentado Real Decreto, e poñer como exemplo o recente informe do Tribunal de Contas Europeo    que está imprantando, ou tentando imprantar, a eólica mariña sen ter en conta os seus evidentes impactos nos sistemas mariños e o impacto socioeconómico no sector pesqueiro polo qwue se debería optar pola aplicación dunha moratoria na entrada en vigor da devandita norma.

Denuncian tamén a vulneración do principio de igualdade por canto o tratamento das augas na zona galega e asturiana foi moi distinto ás pautas seguidas no Mediterráneo xa que aquí suprimikron polígonos potenciais para a eólica mariña pola súa incidencia na pesca, pero non se fixo o mesmo nas costas galegas e asturianas. En definitiva: que o Goberno foi máis sensible nunhas zonas que noutras.

Tamén se puxo de relevo a arbitrariedade do Real Decreto, por canto non se xustificou  por que a pesca non ten a consideración nen de prioritaria nen de potencial á hora de ordenar o espazo mariño deixando á pesca fóra da ordenación arbitrariamente. O Real Decreto ignora tamén o Principio de Precaución, poñendo en risco os ecosistemas mariños e coa impugnación ante o Supremo efectuada pola Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños, creóuse unha inseguridade xurídica total para todos os actores que podan ter interese na ordenación do espazo mariño.

Para a devandita Plataforma este é “o pior escenario posible” e só unha decisión gobernativa declarando que a antedita norma en felación á eólica mariña non será aplicable, e poñendo en marcha unha Mesa de Traballo con todos os actores involucrados poderáse reconducir este escenario haberá que ver se é posible a coexistenza da eólica mariña coa pesca e o respecto aos ecosistemas mariños, pero partindo de cero , xa que logo todo o feito ata o de agora é manifestamente ilegal, como queda dito.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.