“Tía Manuela: Un roto e un descosido”. Luís Celeiro

30 Agosto 2023

Chama por teléfono, dá un nome e non cala, non escoita, pregunta e fala, fala seguido ata que o interlocutor corta sen máis. Era unha asistenta virtual, unha aplicación que, segundo quen conteste, ten voz de home, de muller ou neutra, pero non responde ás preguntas.
Pregunta só ela e pregunta polo que alguén quere saber, para vender mellor. Que vende? O que vostede queira, estas vendedoras virtuais están de moda e teñen éxito, son amigas, son tranquilas e non levantan a voz. Se é preciso, insisten cantas veces faga falta, pero non alteran o ritmo, non berran nin se enfadan.
Nin protestan, nin teñen horario, nin baixa médica nin reclaman máis salario. Son as vendedoras creadas pola Intelixencia Artificial, que vén de dar a coñecer ás catro presentadoras virtuais que traballan en informativos das televisións do Sur de Asia (India, Bangladés ou Pakistán), Sana, Lisa, Aparajita e Fatma. A prensa deu a nova e di que son catro creacións capaces de falar en varios idiomas, de entendelo todo e narrar aquilo que o produtor ordene que se transmita.
Cada unha é como queren que sexa, viste e peitéase conforme ao gusto da audiencia, como queiran que o faga. Serán altas, gordas ou fracas segundo os intereses do instante, darán a información que lles indiquen e tal como lle lo indiquen, no medio que corresponda, na radio, na televisión, a través de internet ou onde e como proceda, nese sistema multimedia que serve para un roto e para un descosido.
E, as persoas? De que se ocuparán as persoas, nestes anos vindeiros, cando todo sexa virtual? Aí está, os mitos aséntanse nas creacións informáticas e na telemática, capaz de combinar técnicas e servizos de información, de informática e de telecomunicacións para dar respostas eficientes e máis baratas ás demandas da cidadanía, da clientela mundial, deste mundo que tan ilusionado estivo por ser global.
A globalización favorece á convivencia e proporciona felicidade á cidadanía? Os espertos disto no falan, falan do negocio, do mundo global dos negocios, da globalización da economía e da mentira como mercadoría. O coñecemento é fundamental, neste caso, e unha soa tecla pode axudar a universalizalo e a facelo común. O mesmo saber, os mesmos gustos e as mesmas pretensións para todos e todas.
A Intelixencia Artificial (IA), esa capacidade dos ordenadores, móbiles e robots, para realizar tarefas que requiren intelixencia humana, axudará cada vez máis aos procesos de información e, como di a Tía Manuela, “de modo moi especial, á manipulación e orientación deses procesos, sen esquecerse de quen manda”, sabendo -como todos deben saber- que a información é poder e que unha sociedade ben informada é unha sociedade máis libre.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.