Tanxugueiras, Doctor Migraña, Amores de Barra e Monoulious Dop participaron no festival solidario para a reconstrución do chiringuito da Tasca

23 Agosto 2023

A marea de solidariedade de Aguiño, Ribeira e Barbanza arredor do establecemento hostaleiro (O Chirin Rebalo) que ardeu a finais de xullo a carón do Campo de Fútbol da Tasca, en Aguiño, veu este mes de agosto con forza. O obxectivo: recadar fondos para axudar á súa reconstrución. Baixo este reto común, o pasado domingo celebrouse un festival solidario no mesmo emprazamento no que participaron centos de persoas e que tivo como especiais protagonistas ás tres integrantes do grupo de pandereteiras Tanxugueiras, unha das cales, Aida Tarrío Torrado, é natural (precisamente) de Aguiño. O grupo foi a gran sorpresa dun festival solidario que contou tamén coas actuacións de Doctor Migraña & The Speedyfriends, Amores de Barra e o dúo noiés Monoulious Dop. O certame benéfico contou co apoio do Concello de Ribeira. O propietario do local achegou nas redes sociais unha emocionada mensaxe de agradecemento polo apoio recibido:

“Parece mentira que en menos dun mes tivera dous domingos tan diferentes. Os dous sen durmir, claro, pero que distintos. O 30 de xullo 2023 todo parecía que desaparecía entre as lapas, tanto esforzo realizado durante estes anos quedaba feito cenizas e me parecía tan irreal e inxusto. En cambio 20 de agosto 2023 todo esforzo parecía recompensado toda esa xente que de maneira altruísta se xuntou no O CHirin Rebalo para demostrarme que o traballo realizado valerá mais que a pena, darme tanto apoio ánimo e mostras de cariño. Moitisimas Gracias”.

Tanxugueiras no festival benéfico e nunha imaxe de Guillermina Pose compartida nas redes


 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.