Un incendio destrúe un bar de praia en Aguiño- Ribeira

30 Xullo 2023

O chiringuito de madeira “O Chiri” que está situado nas inmediacións do campo de fútbol da Tasca, na praia de O Robalo de Aguiño, quedou totalmente calcinado a pasada madrugada.

Por fortuna, ninguén resultou ferido como consecuencia deste lume, que botou a perder completamente as instalacións dun bar da Praia de Aguiño, en Ribeira.

Foi unha persoa particular quen alertou mediante unha chamada ao 112 Galicia preto das 5:30 horas desta madrugada.

Para facer fronte ao incendio, desde o 112 Galicia informouse ao Bombeiros de Ribeira e Boiro, así como aos membros do grupo local de emerxencias. Tamén se avisou ás autoridades municipais e aos axentes da Policía Local e Nacional.

Tras case tres horas de traballo, os efectivos de extinción lograron apagar o  lume, aínda que con graves consecuencias para a estrutura, pois quedou completamente calcinada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.