Tanxil (Rianxo) acolle esta finde a segunda proba da Copa Deputación de Vólei Praia de Categorías Inferiores

02 Agosto 2023

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e o presidente do Club Voleibol Rianxo, Héctor Matilla, presentaron a segunda proba da Copa Deputación da Coruña Vólei Praia de Categorías Inferiores que se disputará na praia de Tanxil esta fin de semana, os días 5 e 6, coas pequenas promesas deste deporte (en idade, que non en talento) como grandes protagonistas da cita.

Trátase da continuidade da primeira das probas celebrada esta fin semana pasada en Cedeira. A cita rianxeira será posíbel grazas á colaboración do Club Voleibol Rianxo e a implicación do Concello e a Deputación da Coruña co deporte local. a promoción do vólei-praia en Galicia e o fomento do interese polo ocio activo entre os máis novos.

Para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 2 as 20:00, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas. O modelo podémolo atopar en volei.gal.

A lista de entrada provisional publicarase o mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.