O Verán Cultural da Pobra comeza a súa recta final (con dous espectáculos para a rapazada)

07 Agosto 2023

Comedia, música, espectáculos, narración oral… O Verán Cultural da Pobra do Caramiñal traduciuse nun total de catorce actividades de balde coas cales desfrutar nos meses de xullo e agosto. Esta ampla e variada axenda organizada pola Concellaría da Cultura en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e a Xunta leva nesta semana ao Cantón da Leña dúas novas funcións. Chégase así á recta final dunha programación que a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, enxalza por permitir cada verán seguir empapándose de cultura, ademais de apoiar as numerosas compañías e axentes dinamizadores neste ámbito.

Simplemente Enricco porá en escena Heinrich: aprendiz de mago no día 8, ás 20.30 horas, onde o pintoresco personaxe realizará incribles xogos malabares e arriscados equilibrios.

Nelson Quinteiro Producións abordará contos populares dende un punto de vista moito máis cómico e actual en Pequeno cabaré infantil, no día 10, ás 20.30 horas, cun ritmo frenético, interacción, sorpresas, cancións, coreografías e unha escenografía moi especial.

E a actividade prevista para o día 11 con El TomaSON e a súa demostración A Pobra baila! adíase. A nova data e lugar comunicarase proximamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...