O Verán Cultural da Pobra chega ao seu remate cunha peque-disco

14 Agosto 2023


A Pobra do Caramiñal desfrutou durante os meses de xullo e agosto dunha completa axenda de actividades culturais organizadas pola Concellaría da Cultura en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Foron, en total, catorce propostas de balde que, segundo manifestou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, permitiron asistir a espectáculos de diversa índole en espazos ao aire libre.

Moc Moc Producións porá o broche de ouro á programación do Verán Cultural pobrense coa súa Peque disco Moc Moc. A acción concentrarase no Cantón da Leña, no día 17, ás 20.30 horas.

Converterá a praza nunha auténtica disco móbil infantil con coreografías guiadas, xogos musicais, circo, malabares con lume ou luz e moito humor, ademais de sorpresas.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.