O retablo barroco de Nosa Señora do Socorro da Igrexa de San Xiao de Laíño, en Dodro, recupera por completo a súa policromía

19 Agosto 2023

A restauración centrouse en atallar os danos estruturais que provocaron perdas volumétricas, fendas, oxidación de elementos metálicos e danos na policromía. Por iso, restauráronse as imaxes do retablo, tratáronse os elementos metálicos, consolidouse a madeira debilitada, revisáronse ancoraxes e actuouse de xeito especial sobre a madeira de castiñeiro recuperando o dourado e policromía do ben.

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, visitou a igrexa de San Xiao de Laíño, en Dodro, para comprobar os resultados da restauración impulsada pola Xunta de Galicia no retablo barroco de Nosa Señora do Socorro. Como explicou, froito dun minucioso traballo este ben, incluído no Catálogo do Patrimonio cultural de Galicia, recuperou por completo a súa policromía e tamén se solucionaron distintos danos estruturais que padecía producidos por distintas condicións ambientais.

A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou que estas actuacións se enmarcan na “decidida aposta” da Xunta de Galicia por velar pola protección e conservación do “enorme e valioso patrimonio cultural que atesoura o rural galego”. Neste sentido, recordou que os traballos contaron cun orzamento de máis de 22.000 euros e para levalos a cabo, a Consellería asinou un convenio de colaboración coa Arquidiócese de Santiago de Compostela, que permitiu a posta a disposición dos terreos para realizar a intervención.

Igrexa do século XVII

O retablo lateral de Nosa Señora do Socorro da igrexa parroquial de San Xiao de Laíño é un ben da época barroca realizado en madeira de castiñeiro policromada e dourada. O deseño da súa arquitectura e o uso dalgúns elementos decorativos son mostra deste estilo artístico, como queda reflectido na columna salomónica con fuste en espiral cuberto de panos, borlas, cintas e temática vexetal ou no remate en volutas e anxos que remiten a mediados do século XVIII.

Esta igrexa parroquial de estilo barroco foi construída a principios do século XVII e trátase dun templo con planta de cruz latina. No seu interior destacan especialmente os seus retablos: o maior, obra de Francisco de Lens, e nos brazos do cruceiro outros dous de 1764 de Francisco Núñez de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.