O Polígono do Te acolle este sábado o VIII Slalom Concello de Rianxo

31 Agosto 2023

Este sábado, 2 de setembro, vaise celebrar no Polígono Industrial de Te (Taragoña – Rianxo) o VIII Slalom Concello de Rianxo, organizado pola Escudería Rallyactividad Competición, co apoio da Administración local. Trátase dunha proba de carácter nacional, puntuábel para o Campionato de Galicia de Slalom 2023.

Está confirmada a participación de 40 coches que competirán nas distintas categorías nun circuíto de asfalto que discorre polas rúas do polígono industrial.

Programa

-Verificacións administrativas e técnicas: de 9 a 10:30 h.

-Adestramentos: 11:00 en adiante

-1ª manga oficial: 15 h.

-2ª manga oficial: a continuación da 1ª

-Fin competición e entrega premios: 19:30 h aproximadamente.

A entrada é de balde.

A Escudería Rallyactividad Competición conta cunha ampla traxectoria e experiencia na organización de autocross e probas de motor no Circuíto do Castro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...