O Museo Valle-Inclán promove unha visita comentada ao conxunto histórico de Santa María do Xobre

23 Agosto 2023

No marco da celebración do terceiro centenario da consagración do templo parroquial de Santa María do Xobre, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal promove unha visita comentada ao conxunto histórico da igrexa. Poderase así coñecer máis polo miúdo o templo, a reitoral, tres cruceiros, a ponte e a antiga hospedaría do ex-convento de Santo Antón. A saída efectuarase no 24 de agosto, ás 12.00 horas, co adro como punto de encontro. Se ben é unha actividade de balde, require a inscrición previa a través dos teléfonos de contacto 981831662 e 681173484 ou do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.

Continúan así os itinerarios polo patrimonio cultural da localidade operativos dende finais do mes de xullo e que permitiron xa redescubrir a capela da Alba da igrexa de Santiago do Deán ata en dúas ocasións, o pazo do Couto e o templo de Santa María a Antiga do Caramiñal.

E, como xa é costume, cada venres, ás 11.00 e 19.00 horas, ofrécense visitas comentadas á torre de Bermúdez. Unicamente é preciso anotarse nas canles xa referidas.

Santa María do Xobre (A Pobra) nunha imaxe de Arturo Martínez no Flickr

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.