O Club de Xadrez Rianxo chega ao ecuador do Campionato de España por Equipos (Jaén) nunha meritoria oitava posición

16 Agosto 2023

O Club de Xadrez Rianxo está a disputar estes días o Campionato de España por Equipos, que se celebra na localidade andaluza de Linares (Jaén) dende o domingo 13 de agosto até o venres 18.

Participan na competición un total de 59 equipos dun nivel medio moi alto, e onde os primeiros equipos da clasificación superan de media os 2.350 puntos ELO.

A entidade deportiva rianxeira participa na Segunda División. Dela ascenden os dous primeiros clasificados para a Primeira División reservada só para oito equipos a nivel nacional.

O club rianxeiro está representado por Fernando Sánchez Aller, Samuel Villar Pérez, Marcial García Carbo, Karem Zapara e Daniel Martínez Dourado.

Este mércores 16 de agosto pola mañá xa se disputaran catro roldas con tres vitorias e unha derrota:

1. A.D. San Viator (Euskadi) – Club Xadrez Rianxo. Resultado: 0-5

2. Club Xadrez Rianxo – Prodomasa Coin (Andalucía) Resultado: 1-4

3. ASSA Enric Valor (Alicante) -Club Xadrez Rianxo. Resultado: 1.5 -3.5

4. Club Xadrez Rianxo – Colón Sabadell Chessy (Cataluña): Resultado: 4.5 – 1.5

O club rianxeiro chegou á quinta xornada e á metade da competición como oitavo na clasificación xeral.

Na xornada deste mércores xogará a partir das 17h contra o Silla Integrans Col-Lectius de Valencia. Poderán seguirse as partidas en directo dende o Facebook do club rianxeiro.

Para participar neste campionato de España contouse cunha subvención da Deputación de A Coruña.

Outros artigos

AMBAR abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, con sede e actividade na nosa comarca, xa ten abertas as inscricións da 10ª edición da súa Carreira pola Diversidade. Celebrarase o domingo 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Trátase dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...