O Club de Remo Cabo de Cruz gaña a Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

16 Agosto 2023

O Club de Remo Cabo de Cruz proclamouse gañador da Bandeira de Traíñas “Deputación da Coruña”, tanto na modalidade masculina coma na feminina. A proba, que reúne cada verán aos mellores clubs de remo da provincia, celebrouse este martes 15 de agosto nas augas de Cabo de Cruz, na localidade boirense.

Segundo lembraron fontes da Deputación trala celebración do evento, a Bandeira de Traíñas Deputación é unha competición histórica do panorama do remo fixo galego, moi valorada por clubs, deportistas e afeccionados e celébrase cada 15 de agosto nun municipio costeiro da provincia da Coruña. Este ano chega á súa 33ª edición na súa modalidade masculina e á 4ª edición na feminina.

Un total de 13 clubs (8 masculinos e 5 femininos) disputaron a Bandeira. Fixérono nunha competición de 3 millas náuticas (5.556 metros) que congregou a numeroso público para seguir as evolucións das embarcacións nunha localidade que conta cunha gran tradición mariñeira.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, e o presidente da Federación Galega de Remo, José Luís Méndez, foron os encargados de entregar as medallas e a Bandeira Deputación ás tripulacións gañadoras.

Formoso felicitou ás gañadoras e gañadores da Bandeira 2023 e agradeceu a impecable organización do evento, a cargo da Federación Galega de Remo.

Na categoría masculina os primeiros clasificados foron Cabo de Cruz, Ares e Rianxo; mentres que na feminina foron Cabo de Cruz, Rianxo e Ferrol-A Cabana. A institución provincial destina 22.100 euros en premios aos equipos participantes.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.