Mércores con chuvascos que irán diminuíndo. A partir do xoves comezan a subilas temperaturas e chega o sol. Por fin verán

01 Agosto 2023

Este mércores amenceremos cos ceos cubertos e con chuvias que ao longo da mañá se moverán da costa o interior. A partir do mediodía iranse abrindo claros e remitirán as precipitacións. As temperaturas mínimas acadaranse ao final do día e as máximas sufrirán un lixeiro ou moderado descenso. O vento soprará do oeste e suroeste pola mañá e virará ao noroeste co avance da tarde, moderado en xeral, con refachos fortes no extremo norte.

meteogalicia

A partir do xoves comeza a melloralo tempo, anticipo de dúas semanas de sol e calor. Chega o verán con temperaturas medias de 30 graos.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala á mañá, regular á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar05:123.7 m
Baixamar11:130.5 m
Preamar17:294.1 m
Baixamar23:470.3 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:043.6 m
Baixamar11:050.6 m
Preamar17:214.0 m
Baixamar23:370.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar05:093.6 m
Baixamar11:090.5 m
Preamar17:264.0 m
Baixamar23:430.3 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.