Marisa Villaseca volve despregar a súa arte na Casa Mariñeira da Pobra

02 Agosto 2023

Do día 3 ao 30 de agosto, a Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal albergará unha exhibición pictórica de Marisa Villaseca.

Esta estradense que veranea na Pobra do Caramiñal dende hai máis de dúas décadas xa expuxo en 2021 e neste ano regresa cunha nova mostra diversa, tanto en canto á técnica coma á temática.

A concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, destacou “o carácter multifuncional da Casa Mariñeira”, xa que, se ben a súa función principal é a de oficina de información turística, tamén “ofrece unha pequena sala na cal anteriormente houbo outras mostras pictóricas, fotográficas, de artesanía, da camelia ou de maquetas, entre outras”.

xr:d:DAFqOMX0uiE:23,j:1869392182715137966,t:23080109

O público pódese achegar á referida instalación municipal de luns a venres, en horario de 09.30 a 14.00 e de 18.00 a 20.30 horas, así como aos sábados, dende 10.00 ata 14.00 horas.

Xubilada do sector comercial, Marisa Villaseca xa amosaba inquietude polo mundo do debuxo dende pequena e, hai máis dunha década, deulle o empuxón definitivo tras se anotar nas clases de Baldomero Calviño e comezar coa súa produción pictórica. Nos últimos anos, expuxo outras coleccións na Fundación Caixa Galicia Vigo, na Estrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.