Máis dun centenar de persoas participan nun programa de inclusión social organizado por COGAMI

14 Agosto 2023

A área de Promoción da Autonomía Social que COGAMI ten nas instalacións de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo e Vigo acolle un servizo de Inclusión e Transición ao Emprego dirixido a persoas con discapacidade ás que se lles pretende favorecer a súa inclusión sociolaboral. No que vai de ano, neste servizo participaron máis de 100 persoas ás que, a través de itinerarios axustados aos seus intereses, déuselles cobertura ás súas necesidades.

Entre as actuacións desenvolvidas, destacan a diagnose, o deseño, o seguimento e a avaliación de cada unha das persoas participantes. Ademais, prestouse acompañamento social e laboral a través do deseño de accións que fortalezan as súas capacidades persoais e de transición ao emprego, a través da realización de intervencións de competencias básicas, tanto individuais como grupais, orientadas a lograr o acceso ao mercado laboral.

Na selección das persoas que forman parte deste programa, ademais de ter unha discapacidade recoñecida, priorizouse naquelas que son perceptoras dunha renda de inclusión social, dun ingreso mínimo vital, en situación de risco ou exclusión social ou aquelas que foron derivadas por equipos de inclusión, servizos sociais comunitarios ou outras entidades sociais.

Este programa é posible coa co-financiamento da Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF de todas as persoas que ao facer a declaración da renda marcaron o recadro de Actividades de Interese Social coñecido pola X Solidaria. 

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.