
Cantas nenas, mozas e mulleres non tan novas sufriron acoso, abusos e agresións sexuais ou simplemente actitudes machistas e que padeceron en silencio esa dor e impotencia? Moitas e outras tantas continúano sufrindo nunha sociedade machista, onde algúns homes crense co dereito natural a tratar ás mulleres como meros obxectos de desexo.
Algúns machistas están afeitos a que todos os seus desexos sexuais están ao alcance da súa tarxeta de crédito. Así o experimentaron nalgúns barrios ou países pobres ou en vías de desenvolvemento, onde as mulleres viven na miseria e estes energúmenos e estúpidos fanfarróns aprovéitanse desas circunstancias, abusando ou violando a esas pobres mulleres a propósito de que os seus actos quedan impunes, en países onde a xustiza brilla pola súa ausencia.
As mulleres, tamén son fillas e nais. Tamén o son deses miserables machistas e abusadores. Seguro que moitas sufriron e padecen por algunhas accións dos seus fillos, maridos ou parellas pero continúan mirando para outro lado. Para algunhas desas mulleres, os seus homes son os que traen a comida a casa e como é lóxico e natural teñen as súas debilidades e todo se perdoa. Vergoñoso.



