Para a evacuación foi necesario un colchón de baleiro debido a unha posible fractura de cadeira.
A lesión produciuse, pouco antes da unha desta tarde, a causa dunha caída dunha embarcación no Illote de Pedregoso, na Arousa.
Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Decontado, púxose en contacto con Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, tras a valoración médica, solicitouse a intervención dos recursos marítimos para a evacuación do ferido.
Neste senso, os recatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia puxéronse en marcha a bordo do Pesca I, segundo as instrucción de Salvamento Marítimo.
Nesta aeronave, o afectado foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.




