Feijóo, de visita en O Son: “Seguiremos traballando pola estabilidade do país”

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, recalou en Porto do Son onde deu un paseo co alcalde, Luís Oujo con quen xantou. O líder popular apelou á necesidade de “seguir traballando e achegando á estabilidade” de España.

Feijóo destacou e agradeceu os resultados obtidos na localidade nos recentes comicios municipais e xerais, e asegurou a algúns xornalistas que, aínda que este venres puido “ir comer” a Porto do Son, terá que “compatibilizar este período no que non hai vacacións” porque “toca seguir traballando e achegando estabilidade ao país”.

Preguntado sobre a posibilidade de condonar a débeda a Cataluña, o líder do PP rexeitou facer declaracións e remitiu ao próximo domingo, cando prevé acudir, segundo afirmou, á Festa do Albariño de Cambados.

Redes