Éxito da primeira Noite de Verán da Biblioteca de Porto do Son

28 Agosto 2023

A primeira das sesións das Noites de Verán na Biblioteca, impulsadas dende a Biblioteca Municipal de Porto do Son, celebrouse este pasado xoves 24 de agosto con gran éxito de participación da rapazada local.

As sesións, actividades creativas de promoción da lectura e do talento que todas e todos os rapaces levan dentro, terán continuidade este xoves 31 de agosto, novamente en horario de 21.00 a 23.00 horas.

A iniciativa vén da man da aula de lectura da Biblioteca Municipal de Porto do Son.

As actividades, dirixidas especialmente a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 6 anos, consisten en “dúas noites de xogo arredor dos contos e dos seus protagonistas”. Ademais, a dirección da Biblioteca informa de que “se a noite de verán acompaña, poderemos saír ao exterior para desfrutar do contacontos e das lecturas con lanternas”. As prazas so limitadas. As inscricións cómpre facelas na Ludoteca Municipal en horario de 12:00 a 14:00 horas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.