Evacuadas dúas persoas en Padrón despois de sufrir unha saída de vía coa súa moto

02 Agosto 2023

Dúas persoas resultaron feridas de diversa consideración despois de sufrir unha saída de vía cando circulaban en moto pola N-550, á altura do punto quilométrico 75, ao seu paso polo concello de Padrón.

Ao fío das 05:15 horas desta madrugada, un particular informaba ao 112 Galicia dun accidente grave na parroquia de Cruces. Indicaba que dúas persoas necesitaban asistencia sanitaria despois de saírse da vía coa súa moto.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos efectivos do GES de Padrón e dos axentes da Garda Civil Tráfico. Igualmente, pasouse aviso aos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, o persoal de emerxencias confirmou ao 112 que os feridos foron evacuados ao centro hospitalario en ambulancia. Ademais, solicitouse a intervención do servizo de mantemento da vía para a realización das tarefas de limpeza da estrada.

Emerxencias Terra de Iria

Outros artigos

Merca No Teu Comercio comeza en Padrón, Rois, Dodro, Narón e Fene

A campaña Merca No Teu Comercio inicia este venres 15 de maio dúas campañas, que terán lugar por un lado en Narón e Fene; e pola outra en Padrón, Rois e Dodro. Entre o 15 e o 30 de maio de 2026 desenvolveranse estas dúas iniciativas publicitarias/promocionais da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...