Esta semana, hoxe xoves 31 de agosto e mañá venres 1 de setembro vaise celebrar na parroquia de Nebra (Porto do Son) unha nova edición das Festas de San Ramón. A axenda de actividades comeza este xoves coas dianas e alboradas do grupo de pandereteiras Falcoeira e seguen logo coa misa solemne das 12.00 horas e cunha sesión vermú a cargo de Charada. Pola noite, a partir das 22.30 horas, verbena con Charada, no Campo da Festa (a carón da Casa Veciñal).
O venres abrirá novamente con música tradicional galega a cargo de Falcoeira. Logo haberá outra misa solemne ás 13.00 horas e unha nova sesión vermú con Charada. Pola noite a verbena virá da man de Furia Joven, a partir das 22.30 horas. A xornada completarase coa disco-móbl de CDC e con Mateo Abelleira aos mandos na cabina .




