Este luns 7 de agosto comeza en Portosín un dos grandes eventos festivos da tempada estival: as Festas de San Caetano, que se estende ao longo da semana até o mércores 9. A xornada de hoxe comeza con Canlebó de Camboño (ruada da primeira hora da mañá) e prosegue cunha sesión vermú co Group Togayán e, pola noite, cunha verbena a cargo do Grupo Master e o Grupo Cláxxon. Pola tarde haberá xogos para a rapazada: xogos de aventuras e inchábeis, ao igual que o resto das xornadas festivas.
As Festas de San Caetano, que contan coa colaboración do Concello de Porto do Son, continúan o martes con (novamente) Canlebó e cunha nova sesión vermú do Grupo Togayán. Pola noite haberá verbena con Orquestra D’Noche e o Grupo América. Ao día seguinte a traca final do programa vén da man do Dúo Charada, Leite con Jalletas e o Grupo Platinum (verbena).




