En marcha unha campaña de “crowdfunding” para reconstruír os Asteleiros Fra

21 Agosto 2023


Xulio Xiz. Os Asteleiros Fra son os máis antigos estaleiros de ribeira de Galicia, tendo máis de dous séculos de existencia, xa que se sabe que en 1806 xa construían barcos para a pesca. Están en San Cibrao, na costa de Lugo, e o seu director é Francisco Fra Rico, pertencente á sétima xeración familiar dedicada á construción artesá de barcos.

Ademais da construción de barcos, realizan tamén un importante labor pedagóxico, organizando visitas guiadas para os interesados en coñecer a carpintería de ribeira, e dan cursos para conseguir informar e formar de maneira que non se perda este oficio tan galego, esencial para a nosa costa e as súas xentes.

Un incendio que se sabe provocado destruíu as instalacións deste estaleiro, e a Familia Fra acode por todos os medios ao seu alcance para intentar conseguir axudas e volver a poñer en funcionamento estas instalacións.

Ata este momento, levan conseguido 11.590 euros, nunha primeira fase da campaña que esperan completar na primeira quincena do mes de setembro, e aínda que a cantidade é só simbólica a efectos da reconstrución, están moi satisfeitos pola resposta dos simpatizantes coa súa iniciativa, agradecen todas as aportacións, e solicitan que se continúe coas axudas por modestas que sexan, xa que todas serán decisivas á hora de conseguir que siga con vida este histórico estaleiro que alguén quixo borrar do mapa, pero o estaleiro e a familia que o sostén non van permitir que morra, coa axuda de toda a xente con boa vontade que queira apoialos.



Á información sobre esta campaña pode accederse en Youtube:https://www.youtube.com/watch?v=Xn7z4fUThXI

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.