Empresarios e colectivos de Ribeira abordan coa Conselleira de Infraestructuras a nova variante amosando a preocupación pola posición do Concello

05 Agosto 2023


Durante a reunión ” Asociación Empresarios de Riveira” expuxéronlle a Conselleira de Infraestruturas e
Movilidad, Ethel Vazquez, a posición, así como a das confrarías de Ribeira, Aguiño e Carreira, A Lonxa e a Asociación de Construtores de ser favorable á culminación de dita variante.
Amosaron a súa preocupación polo posicionamento da nova corporación solicitando segundo nota de prensa do día, a petición de paralización.
Mantemos din desde a ” Asociación Empresarios de Riveira” a necesidade e urxencia desta Variante para a nosa sociedade, e así llo expuxemos. Pola súa banda a Conselleira declarou que a intención do seu departamento é acabar dita obra na súa totalidade e indicounos o montante de diñeiro xa investido no estudo, expropiacións e execución do tramo en obras, importantes cantidades que non poden ser
enterradas ou tiradas ao lixo da maneira máis alegre.
Durante o desenvolvemento da conversación, dixo que está disposta a falar coas partes nunha reunión entre A Consellería, o Concello e a Asociación de Empresarios, para aclarar os diversos temas e conciliar posturas. Recollendo a luva, a Asocación convidou á responsable de Infraestructuras a que veña a Ribeira e aínda que sen data fixa quedamos en realizala no mes de Setembro.

A Conselleiroa informou que por parte da Xunta a día de hoxe, hai a vontade e o diñeiro xa orzado para a finalización da obra, dí entender que o Concello queira estudar outra alternativa, pero creen que a alternativa a que se refire, a estrada é doutra administración, A Deputación da
Coruña, e se esta obra se levase a cabo non pode ser en detrimento de a variante xa en execución, se non como complemento da mesma.
Noutra orde de cousas o empresarios expusolle a necesidade de actuación sobre as rotondas de entrada e saída da Autovía no lugar da Carballa, xa que estas non foron deseñadas para o tráfico para xerar como consecuencia da obra do polígono de Pedras Vermellas. A esta petición a Conselleiroa dixo que xa están en estudo como consecuencia da petición que a Asociación realizoulle no seu día ao Sr.Conselleiro, Francisco Conde.
A Asociación amosou o seu agradecemento a Conselleira, pola súa dilixencia en recibilos, a súa franqueza e claridade na exposición de todos os temas.
porto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.