Comezan as festas do Carme dos Pincheiros co pregón de dous estudantes pobrenses

19 Agosto 2023

Do 18 ao 21 de agosto, A Pobra do Caramiñal ten cita cun dos seus grandes festexos do verán: o Carme dos Pincheiros.

A chuvia impediu este venres 18 que saísen os xigantes e cabezudos polas rúas da vila e que se desenvolvesen as actuacións musicais previstas, pero non pasou por auga a ledicia.

Xa a última hora da tarde, o salón de plenos da Casa Consistorial foi escenario do pregón ao que asistiron membros da corporación municipal, representantes da comisión de festas e veciñanza, para, unha vez finalizado o acto, proceder coa sinatura no libro de honra do Concello.

O alcalde, José Carlos Vidal, expresou o seu agradecemento á comisión de festas por sacar adiante toda a programación e polas intensas xornadas de traballo que lles esperan para que a sociedade poida desfrutar das actividades. Fixo tamén fincapé na tradición desta celebración e no seu interese dende o punto de vista histórico, social, cultural e turístico para xa lle dar paso aos pregoeiros, Esther Calviño Sanlés e Iván Tubío Sanlés, a quen aproveitou para felicitar publicamente por acadar dúas bolsas das que outorga a Fundación La Caixa a un cento dos mellores expedientes universitarios do territorio estatal para brindarlles a oportunidade de ampliar a súa formación no estranxeiro. Deste xeito, quíxose enxalzar a excelencia académica e que a mocidade se sinta representada, pois son unha parte fundamental desta festividade.

Iván, quen cursa o máster de investigación de economía política en Oxford, e Esther, que fai o propio no de bioloxía química na Universidade de Xenebra, puxeron en valor a educación pública, sinónimo de calidade, pois estudaron no IES da Pobra, “que non só nos formou academicamente, senón que, como a moitas outras persoas, nos axudou a explorar distintas inquietudes culturais, artísticas e deportivas. Isto pode parecer insignificante, pero o rol dos profesores é fundamental cando te queres encamiñar a unha carreira, oficio ou profesión da que careces de referentes e mesmo descoñeces por completo.” Durante a súa intervención quixeron tamén enxalza-lo dinamismo cultural e o tecido asociativo pobrense, que tivo un impacto na traxectoria vital de ámbolos dous ao xurdir a súa amizade unha década atrás nas táboas do Teatro Cine Elma. E, por último, reivindicaron a importancia da investigación: “nesta vila temos a fortuna de contar con pobrenses cunha excelente traxectoria investigadora e científica en diferentes eidos.”

Pola súa parte, a comisión – representada por Jean Vaiarello, presidente, e Jesús Maneiro, vicepresidente- trasladou o seu agradecemento a toda a cidadanía e empresas pola súa implicación, así como á Administración local polo seu apoio económico e loxístico.

Con anterioridade, nesa mesma tarde efectuouse a imposición de escapularios aos novos confrades na igrexa de Santa María a Antiga do Caramiñal e tivo lugar a misa solemne por tódolos compañeiros falecidos.

As propostas que integran o cartel deste ano continuarán nos vindeiros días con desfiles dos xigantes e cabezudos, numerosas sesións musicais, os San Juerguines, os actos relixiosos, ocio para as crianzas e o broche de ouro coa gran queima de fogos artificiais e co combate naval.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.