COGAMI reclama máis atención para as nenos, nenos e adolescentes con discapacidade

02 Agosto 2023

Ao abeiro do seu programa-campaña Somos presente, somos futuro, a confederación COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga vén de facer unha nova proclama na que solicita máis atención para as nenas, nenos e adolescentes con discapacidade. Segundo lembra a entidade, en Galicia hai 343.281 persoas con discapacidade recoñecida, das que 9.189 teñen entre 0 e 15 anos. Delas, o 34% teñen recoñecida unha discapacidade física, segundo últimos datos publicados pola Xunta de Galicia. Nestas etapas de crecemento é fundamental coidar e protexer a estes nenos e nenas, por iso dende COGAMI existen programas e servizos específicos dirixidos á mellora da súa autonomía persoal.

Actualmente, 264 nenas e nenos de 0 a 6 anos asisten ao servizo de Atención Temperá que lles ofrece COGAMI na Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño e nos concellos de Abegondo, Bergondo, Carral, Sada e Arteixo, facilitando unha atención máis próxima, evitando que as familias teñan que desprazarse ás cidades. “Este servizo é fundamental nos primeiros anos de vida do menor que ten algún trastorno de desenvolvemento ou discapacidade recoñecida”, explica Álvaro García, coordinador do Servizo de Atención Temperá de COGAMI, quen engade que “recibir logopedia, fisioterapia, terapia ocupacional e atención psicolóxica nas etapas de 0 a 6 anos, permite potenciar a autonomía persoal destes nenos e nenas”.

A confederación engade que tamén resulta fundamental “o traballo directo coas familias”, ás que COGAMI presta apoio e asesoramento a través do servizo de Intervención Social.

“No que levamos de ano”, explica a confederación, “algunhas das demandas recibidas foron sobre xestións administrativas, solicitude de produtos de apoio e relacionadas co ámbito educativo, como a petición dunha persoa voluntaria para axudar superar o curso académico, ademais de requirir apoios para tramitar a solicitude de persoal coidador nos centros de ensino ou para tramitar queixas por serlle denegado o transporte adaptado a alumnado con mobilidade reducida de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional”.

En COGAMI trabállanse tamén programas formativos específicos dirixidos a profesorado e alumnado, para sensibilizar sobre a discapacidade e traballar nunha sociedade educativa máis inclusiva. Segundo o presidente, Anxo Queiruga, “as nenas e nenos con discapacidade viven moitas situacións discriminatorias motivadas pola invisibilidade, escaseza de apoios e sobreprotección familiar”.
A familia e a comunidade son o soporte para a aprendizaxe do menor e facilitan a inclusión social. COGAMI, en colaboración con COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) desenvolve un proxecto educativo que pretende promover a escola inclusiva e a igualdade de oportunidades do alumnado con discapacidade. Dende que iniciou en 2016, neste programa participaron case 17.000 persoas entre escolares, profesorado e familias.

Outro programa que beneficia o desenvolvemento dos menores é o Programa Integral de Promoción da Autonomía Persoal que COGAMI desenvolve nas instalacións do CEGADI, en Santiago de Compostela. Durante este ano atenderon a 11 menores con idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos. Este proxecto conta con persoal cualificado en fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia, neuropsicoloxía, psicoloxía e traballo social que tratan a estes menores dous días por semana e por un período dun ano. Mentres que os adolescentes chegaron demandando apoio tanto físico como psicolóxico para poder ter máis autonomía no seu día a día, os máis pequenos presentaban déficit na atención, dificultades na comunicación e necesidades físicas.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.