A Torre de Xunqueiras, última parada dos itinerarios polo patrimonio cultural da Pobra

30 Agosto 2023

As visitas comentadas ao patrimonio cultural da Pobra do Caramiñal organizadas dende o Museo Valle-Inclán desprazaranse estes días ata a Torre de Xunqueiras. Farano para despedir este ciclo de verán. As persoas participantes poderán mergullarse así na historia desta fortaleza medieval, ademais de achegarse ata o cruceiro de capeliña do lugar. Esta nova saída será no día 31, ás 12.00 horas, dende o portal de acceso á finca. A inscrición é de balde e tramitarase nos teléfonos de contacto 981831662 e 681173484 ou no enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.

Os ditos itinerarios comezaron a finais do mes de xullo e posibilitaron coñecer máis polo miúdo a capela da Alba de Santiago do Deán ata en dúas ocasións (con visita incluída á propia igrexa na segunda sesión), o pazo do Couto, o templo de Santa María a Antiga do Caramiñal e o conxunto histórico de Santa María do Xobre.

A maiores, cada venres, ás 11.00 e 19.00 horas, efectúanse visitas comentadas á torre de Bermúdez para afondar na súa riqueza documental e histórica e, polo tanto, aproximarse á vida e obra de Ramón del Valle-Inclán. Só é preciso anotarse nas canles referidas.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.