A Pobra incorpora unha nova saída ás Cíes á súa axenda turística

02 Agosto 2023

Obradoiros de turismo mariñeiro, viaxes en veleiro pola ría da Arousa, ruta do mexillón, regatas, travesías en catamarán ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas… A Pobra do Caramiñal leva todo o verán mergullada de cheo na programación turística, á cal incorpora agora unha saída ás illas Cíes no 2 de setembro.

Neste senso, a concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, explica que se engade esta nova proposta para lles dar máis alternativas de ocio a visitantes e residentes, ademais de seguir a liña estratéxica da Administración local por fomentar accións coa vista posta no mar e que enxalcen a tradición mariñeira da localidade.

xr:d:DAFp2XFCDnQ:27,j:8905140713085677293,t:23080112

Igual ca as outras excursións en catamarán, levarase a cabo coa colaboración da empresa Piratas de Nabia.

Cómpre lembrar tamén que, dentro das que xa estaban previstas, no 5 de agosto partirase en dirección a Sálvora durante a tarde-noite, para a chamada ruta Starlight (a cabida xa está completa), mentres que no día 13 tocará ir á illa de Ons.

As reservas formalizaranse con antelación a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986320048. Ademais, a empresa encargarase da tramitación das autorizacións pertinentes de entrada ás Illas Atlánticas de optar pola vía telefónica; senón, será a propia persoa usuaria quen o faga pola vía telemática. Tamén se habilitan o 671090262, 687482835 e 981843280 (marcando a extensión 2035) para a resolución de dúbidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...