A Fundación RIA, en colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas, vai desenvolver esta semana dous actos de participación e reflexión sobre a estrada AC-305 ao seu paso polos núcleos de Escarabote (Boiro) e de Coroso (Ribeira). Serán dúas xornadas de traballo abertas á cidadanía que se encadran no obxectivo da fundación que preside David Chipperfield (arquitecto inglés afincando en Corrubedo, Ribeira) de mellorar a seguridade e recuperar a identidade dos núcleos de poboación litorais do Barbanza, obxectivo compartido pola axencia autonómica.
Os actos, abertos ao público ata completar aforo, celebraranse cos seguintes horarios, datas e emprazamentos:
-O martes 22 de agosto de 11:00 a 13:30 no Centro Social de Escarabote.
-O mércores 23 de agosto de 11:00 a 13:30 na Escola Náutico Pesqueira en Coroso.
Para a organización dos eventos a Fundación RIA conta co apoio da Consellería de Infraestruturas e
Mobilidade.

Antecedentes
Trala elaboración dun anteproxecto para a humanización da AC-305 ao seu paso por Palmeira (o cal
xa foi aprobado e está a espera de licitar as obras este verán) a Fundación RIA asinou en decembro de 2020 un convenio de colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia (AXI). No marco deste convenio, a Fundación RIA desenvolveu un estudo xeral da estrada AC-305, que percorre todo o litoral do Barbanza desde Padrón ata Ribeira, e está a elaborar propostas de intervención para mellorar a seguridade e recuperar a identidade urbana en 5 tramos considerados “prioritarios” (Taragoña, Boiro, Escarabote, A Pobra do Caramiñal e Coroso).
Obxectivo das xornadas
Os actos de participación e reflexión da cidadanía, contemplados no acordo de colaboración entre
ambas entidades, buscan, en palabras da fundación e da axencia, “fomentar o debate coa poboación local para incorporar criterios subxectivos sobre a seguridade da vía e reflexionar sobre os valores patrimoniais, urbanísticos e identitarios da contorna”.

A xornada do día 22 de agosto permitirá reflexionar sobre o treito que percorre o núcleo de
Escarabote, en Boiro, mentres que o acto do día 23 de agosto se centrará en Coroso, en Ribeira. A través da participación activa da cidadanía, farase un percorrido pola memoria e identidade da rúa, destacando os seus valores característicos e identificando as necesidades da veciñanza.
Para máis información poden contactar a través de
info@fundacionria.org ou do teléfono 722413315 (Fundación RIA).
O acto de Escarabote contará con catro partes:
-Unha presentación de 15 minutos por parte da Fundación RIA, na que se describirá o contexto
do traballo e os principios sobre os que se asenta a colaboración AXI-RIA. Participa Alfonso Bertran Gil, arquitecto e responsable de proxectos de arquitectura e espazo público na Fundación RIA.
-Bloque de 15 minutos por parte dun axente local que trate temas relacionados coa historia e
identidade da zona de Escarabote. Participa Lucía Pérez, representante da Asociación de Veciños Fontenova.
-Unha presentación de 15 minutos onde se amosarán os resultados da análise realizada pola
Fundación RIA, que sentarán as posíbeis bases para o futuro desenvolvemento da proposta. Presentarase a través de planos analíticos, fotografías e vídeos onde se amosarán algúns dos conflitos identificados na AC-305 ao seu paso por Escarabote e Coroso, así como os potenciais de mellora destas contornas. Participa Alicia Casanova Adán, arquitecta e coordinadora do proxecto AC-305 na Fundación RIA.
-Tralas presentacións abrirase un debate cos asistentes sobre a mobilidade e o espazo público na comarca e o municipio.
Para coñecer de primeira man as inquedanzas da veciñanza que non poida acudir á xornada, está
dispoñíbel unha enquisa online. Para máis información poden contactar a través de info@fundacionria.org ou do teléfono 722413315 (Fundación RIA).
A cita de Ribeira contará con catro partes:
-Unha presentación de 15 minutos por parte da Fundación RIA, na que se describirá o contexto
do traballo e os principios sobre os que se asenta a colaboración AXI-RIA. Participa Alfonso Bertran Gil, arquitecto e responsable de proxectos de arquitectura e espazo público na Fundación RIA.
-Bloque de 15 minutos por parte dun axente local que trate temas relacionados coa historia e
identidade da zona de Coroso. Participa Alicia Padín Otero, axente local independente.
-Unha presentación de 15 minutos onde se amosarán os resultados da análise realizada pola
Fundación RIA, que sentarán as posíbeis bases para o futuro desenvolvemento da proposta. Presentarase a través de planos analíticos, fotografías e vídeos onde se amosarán algúns dos conflitos identificados na AC-305 ao seu paso por Escarabote e Coroso, así como os potenciais de mellora destas contornas. Participa Alicia Casanova Adán, arquitecta e coordinadora do proxecto AC-305 na Fundación RIA.
-Tralas presentacións abrirase un debate cos asistentes sobre a mobilidade e o espazo público na comarca e o municipio.
Para coñecer de primeira man as inquedanzas da veciñanza que non poida acudir á xornada, está dispoñíbel unha enquisa online.