A Feira de Artesanía de Porto do Son enfía esta fin de semana a súa recta final

18 Agosto 2023

Este días un dos epicentros galegos da creatividade tradicional é Porto do Son, con motivo da súa Feira de Artesanía, na que poderemos atopar múltiples propostas en diferentes formatos (postos de alimentos, de téxtil e de accesorios elaborados a man por talleres locais, obradoiros, actividades). Os postos de venda estarán instalados até este domingo 20 de agosto no paseo marítimo de Porto do Son, en horario de mañá e de tarde.

A feira, en activo dende o 1 de agosto, conta cun total de 30 casetas que, en palabras da organización, “brindan aos visitantes unha experiencia única chea de tradición e creatividade”. Hai dende pezas de cerámica feitas a man ata xoiería artesanal e produtos téxtiles. “Durante estes vinte días, os visitantes poderán mergullarse no mundo da artesanía, explorar a diversidade de técnicas e estilos, e apreciar o amor e o coidado que se dedica a cada creación e, ademais, terán a oportunidade de interactuar directamente cos artesáns, quen estará encantados de compartir os seus coñecementos e experiencias”, engade a organización.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.