A Andaina Solidaria co Pobo Saharauí (Rianxo) destinará todo o recadado á actividade humanitaria de SOGAPS

02 Agosto 2023

O tenente de alcalde de Rianxo, Julio Alcalde, e a representante de SOGAPS: Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Covadonga Rodríguez, presentaron esta semana a II Andaina Solidaria a Favor do Pobo Saharauí.

Conta con un percorrido circular, con saída e chegada no mesmo punto. “Así”, sinalaron, “é posíbel facer un percorrido de 5 quilómetros e outro de 11 quilómetros, aproximadamente, en función da condición física de cada participante”. Tamén se pode colaborar con fila 0, lembraron, recordando que se destinará a SOGAPS o 100% do recadado.

Na ligazón específica habilitada pódese atopar a información principal da proba. Para ampliala acudir ao regulamento completo da proba ou ao Servizo Municipal de Deportes.

Regulamento da Proba

Percorrido Andaina 12 km

Percorrido Andaina 5 km

Inscricións e prezo

Inscrición en liña, ata o xoves 3 de agosto de 2023 ás 23:59 h.
Presencial: na praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba.

É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal para a andaina.

A andaina ten un límite de prazas de 750.

Outros artigos

AMBAR abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, con sede e actividade na nosa comarca, xa ten abertas as inscricións da 10ª edición da súa Carreira pola Diversidade. Celebrarase o domingo 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Trátase dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...