Xabier López Marqués presentou o poemario Os luídos do manancial na Pobra

03 Xullo 2023

O profesor e escritor Xabier López Marqués presentou o seu poemario Os luídos do manancial ante o público pobrense na tarde do día 30 de xuño. Organizado en conxunto pola Concellaría da Cultura, a A. C. Barbantia e La Voz de Galicia, o acto desenvolveuse no Auditorio do Museo Valle-Inclán e contou coas intervencións do propio autor; da concelleira da Cultura en funcións, Patricia Lojo; de Isabel Santos e Xesús Laíño en representación da referida entidade cultural; e do escritor Antonio Piñeiro.

López Marqués conta xa cunha considerable produción literaria na cal se inclúen títulos como Polos mares das améndoas ou Arró.

O seu último libro emprega a auga como metáfora da creación e a lectura como toma de conciencia. Aquí, a linguaxe eríxese como protagonista; unha poesía pura que se artella a través do propio sentido da palabra.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.