Quico Cadaval presenta “O auto de Castromil”, que comeza a súa xira en Compostela e chegará a Ribeira, Noia e Outes

04 Xullo 2023

A compañía Excéntricas estrea este venres 7 de xullo no Teatro Principal de Santiago o seu último traballo O auto do Castromil. Esta obra, gañadora do III concurso de proxectos da Fundación Manuel María, está dirixida por Quico Cadaval (Ribeira, 1960), e protagonizada por un elenco de catro intérpretes formado por Rocío González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez. A peza, co-producida por Producións Teatrais Excéntricas e o Centro Dramático Galego, presentouse este martes 4 de xullo nun acto de prensa que contou coa presenza da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; o director Quico Cadaval; Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez (elenco); Fran Núñez, polo CDG; e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros durmen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia galega, “combatendo a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego”, sinalouse durante a presentación, engadíndose que o espectáculo é “unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente”.

O auto do Castromil ofrecerá tres funcións en Santiago, o 7, 8 e 9 de xullo no Teatro Principal de Santiago. A continuación, Excéntricas proseguirá a súa xira nos vindeiros meses con funcións na Mostra Internacional de Ribadavia (23 de xullo), na Mostra de Teatro de Cariño (15 de agosto), Sarria (10 de setembro), Narón (16 de setembro), Monterroso (23 de setembro), Pobra do Boullón (24 de setembro), Ames (6 de outubro), Foz (20 de outubro), Vilalba (21 de outubro), Ribeira (3 de novembro), Noia (4 de novembro), Arteixo (10 de novembro), Outes (18 e novembro) e Ortigueira (25 de novembro).

As entradas de Santiago serán de balde e poderán adquirirse en www.compostelacultura.gal ou na Sala C en horario de martes a sábado, de 11h a 14h e de 16h a 19h.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.