“Os candidatos súan tinta”. Luís Celeiro

20 Xullo 2023

Están en marcha as eleccións xerais ao Congreso dos Deputados e ao Senado. Foron convocadas polo Real decreto 400/2023, do vinte e nove de maio e celebraranse, como ben saben a maioría de vostedes, o vindeiro domingo, 23 de xullo. Polo tanto, se teñen tempo, repasen os programas da oferta e vaian á mesa coa resposta eficiente e contundente. A papeleta é unha ferramenta que levan os cidadáns no peto e que ten un enorme poder ao depositala na furna. Nesas furnas colocadas por pares (para o Congreso e para o Senado) en cerca de catro mil mesas electorais distribuídas nos Colexios electorais de Galicia.
O día 23, os galegos elixirán a vinte e tres deputados, catro por cada unha das
circunscricións de Lugo e Ourense, oito pola circunscrición da Coruña e sete pola de
Pontevedra. En total, nas listaxes electorais aparecen trescentos setenta e sete nomes de
mulleres e homes, distribuídos en corenta e dúas candidaturas, once en A Coruña, igual que
en Ourense, e dez en cada unha das outras dúas provincias.
O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE), O Frente Obreiro (FO), O Partido Popular
(PP), O Bloque Nacionalista Galego (BNG), Recortes Cero, Por un mundo máis xusto
(PUM+J), Vox, Partido Comunista dos Traballadores de Galicia (PCTG), Sumar Galicia e
Partido Animalista con el Medio Ambiente (PACMA) preséntanse nas catro circunscricións.
Algúns deles teñen na listaxe de suplentes un elevado número de nomes, colaboradores
electorais que, ao mesmo tempo, poden desfrutar dos beneficios (se é que os hai) de
pertencer a unha candidatura electoral.
En A Coruña e Ourense preséntanse a estas elección do vindeiro 23 dúas candidatura máis,
“Soberanía Ciudadana” na circunscrición da Coruña e “Coalición de Centro Democrático”,
por Ourense. A primeira delas non presenta suplentes e a segunda presenta dúos. Ao sumar
os nomes de tódalas candidaturas, incluídos os suplentes para o Congreso e para o Senado,
son seiscentos quince, un bo número de efectivos na contenda continua para gañar a
representación de nosoutros e exercela alá, en Madrid.
Para o Senado, en Galicia elixiranse dezaseis senadores, catro por cada unha das provincias.
Para estas eleccións nas listaxes aparecen 238 nomes, moitos deles son suplentes, do
primeiro, do segundo e do terceiro candidato de cada unha das candidaturas. A estes
dezaseis senadores hai que sumar tres nomeados polo Parlamento de Galicia.
Os candidatos e candidatas están en campaña, andan polas rúas, polas prazas públicas, nas
redes socias e nos platós televisivos “prometendo o ouro e o mouro”, como di a Tía
Manuela, “nestes días súan tinta”.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.