O vindeiro sábado 29 de xullo vaise celebrar a segunda edición da Carreira de Orientación Concello de Rianxo, en horario de 11 a 14 h, con centro de operacións no Campo de Arriba. Poderemos participar de balde facendo previamente as inscricións na web xestanatureza.com (antes do 26 de xullo). A cita deportiva consistirá en visitar no menor tempo posíbel todas as balizas establecidas na orde que se indica nun mapa.
Fíxanse tres categorías:
-Xestiñas: categoría para nen@s, sinxela física e tecnicamente (menos de 3kms en total).
-Xestas: categoría para adult@s, nivel físico e técnico medio (menos de 4kms en total).
-Xesteiras: categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto (máis de 5kms en total).

As saídas serán escalonadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto.
A organización facilitaranos unha tarxeta electrónica para irmos rexistrando o paso por cada unha das balizas. Ao rematar poderemos consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código QR que irá impreso no mapa.



