
O Concello de Rianxo, a través da Área de Deportes, instalou dúas canastras de baloncesto en pleno centro urbano, na praza Virxe de Guadalupe, para favorecer o lecer urbano e a actividade física entre a rapazada. As canastras instaláronse esta semana e permanecerán habilitadas na dita praza durante todo o mes de agosto. O obxectivo concreto do Concello foi incrementar os equipamentos urbanos deportivos “para o desfrute das veciñas e veciños afeccionados ao baloncesto, especialmente dos máis pequenos”.




